18 jun 2014

Os nosos oficios, as ferramentas: Enfermeira

Hoxe estivo con nós, Merchi, a nai de Dani. Falounos do seu traballo como enfermeira no Hospital de Pontevedra e da importancia do traballo en equipo, no que todos somos importantes e imprescindibles. Falounos das temidas vacinas e de que grazas a elas temos soldadiños que nos defenden. Contestou moitísimas preguntas e quedamos con ganas de saber máis cousas aínda da súa profesión. Deixounos o seu fonendoscopio para que todos puideramos escoitar o corazón. Grazas Merchi.

17 jun 2014

Aprendizaxe cooperativa

Os maiores de 6º
Os alumnos de 6º viñeron hoxe á clase a ensinarnos as maquetas en tres dimensión que fixeron sobre o plano de Cambados. Non so nos explicaron como construíron a maqueta, capa a capa seguindo as curvas de nivel, senón tamén como se distribuiron o traballo par chegar a construir algo tan bonito e ben feito. Noraboa a todos. Seredes un exemplo a seguir.

Os compañeiros de 3ºA
Hoxe viñeron tamén á nosa aula os compañeiros de 3º A. Cada equipo da clase de 3º A colocouse onda un equipo de 3º B. Xuntos tiveron que decidir como distribuir os 31€ que tiña unha familia de 4 membros para facer a compra do día de forma equilibrada. Decidiron quen ía facer a compra ao supermercado que tiñamos na aula, que facía as contas, quen se encargaba do diñeiro, supervisaba ou quen dictaba ... Logo fixemos unha valoración final das decisións que tomou cada grupo, os erros e solucións adoptadas e tamén sobre o propio traballo cooperativo entre as dúas clases. Eu penso que aprendemos moito máis uns dos outros. Que vos parece?

11 jun 2014

As ferramentas: labranza

Hoxe saímos fóra e estivemos dándolle ao sacho, pero tamén usamos o legón, a laia, a fouce, a forca ...
E con moito xeito. Daba xenio vervos tan aplicados e tan atentos ao traballo.


10 jun 2014

Os nosos oficios: O traballo nunha petroleira

Hoxe, o pai se Sabela S. falounos do seu traballo nunha petroleira, nun dos barcos máis grandes do mundo. Falounos da construcción dos tubos que levan o petróleo, dos piratas, dos diferentes equipos de traballo que hai no barco ... de tantas cousas tan interesantes que non chegou o tempo a nada. Verdade rapaces.

Cando o meu pai  nos falou dos piratas todos se sorprenderon moito. Tiñan os dentes manchados, parches nos ollos... Cando era o turno das preguntas case todas as preguntas eran sobre os piratas.



9 jun 2014

Os nosos oficios; as ferramentas

Hoxe estiveron no cole o pai de Inés, José Manuel, que é veterinario e a nai de Raúl que ten dous oficios: traballadora no servizo de limpeza e o seu favorito: nai.
Visita ao cole
Hoxe, día 9, veu a falar a miña nai, pero tamén o pai de Inés. Preguntarédesvos por qué viñeron a falar. Agora vos digo. Nosos pais viñeron a falar sobre os seus traballos. O pai de Inés falou sobre ser veterinario de poliños (carne). El trataba o coidado destas aves. Logo deunos unha charla a miña nai (MONTSE). Explicoulles o traballo que facía: limpeza. Traballa nos bancos e nas notarías. Despois tamén nos falou de outro: O de ser mamá! Díxonos que era un traballo moi difícil, pero tamén é un dos traballos máis bonitos do mundo. Este é o meu día. Iupiiiiiiiiiiiiiii!
Redactor: Raúl
A nai de Raúl e o pai de Inés
Hoxe estivo con nós a nai de Raúl e o pai de Inés. O pai de Raúl falounos de limpeza. Ela tiña dous traballos. O primeiro é limpiadora e o segundo mamá. Primeiro imos falar do primeiro traballo. Ela limpa os bancos, A nai di que é moi difícil.
O pai de Inés traballa de veterinario de poliños, mira cando morre un poliño, cando van ao matadeiro... El vai a cinco grnaxas. Os poliños durmen en "camas", ou sexa, no chan, e alí teñen pitas.
Redactora: María
Tamén nos visitou de novo o avó de Laura, Manuel. Desta volta para ensinarnos as ferramentas do seu traballo:
                                                                                             O meu avó e as súas ferramentas
 
Hoxe luns visitounos o meu avó coas súas ferramentas: a plomada, o bruñidor, o nivel, o esparavel, a llana de dentes, a escadra, o paletín, a paleta, o metro, a llana, a paleta vasca ...
Díxonos que había que ter sempre luvas. Foi chulo cando nos explicaba: a burbulla do nivel tiña que estar sempre no centro. Antigamente os metros eran de madeira e tiñan que abrilos con coidado, senón rompíanse. Tiñan que igualar sempre os ángulos do teito. Coa llana dábase masa nas paredes. Con isto o meu avó acabou a súa visita ao meu colexio para falar do seu traballo. Grazas avó!
Redactora: Laura


8 jun 2014

El tiempo futuro

Despois dun ano cheo de intensas vivencias coa profe en prácticas Laura Daporta Hermida, coa pasáchedes moitos recreos ensaiando, aquí tedes xa o resultado do voso traballo, porque voso é "El tiempo futuro". Grazas profe Laura.